spacer
CULTURA NA RÚA
  • Venres 3 de xullo, 20:30 h. TEATRO Ó CUBO "GHOP"

    • Alameda de Ordes

      •  + 5 anos. 60 min.

      • Teatro de rúa, circo, variedades, con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia.

  • Venres, 10 de xullo, 20:30 h. XANDOBELA "Pan e auga? sopas!

    • Ximnasio Campomaior 50 PRAZAS. 

      • Contacontos para público infantil e familiar a partir de 5 anos Duración 80 minutos. 

      • Sesión de contadas interactivas das historias de avó Casiano.

  • Venres 17 de xullo, 20:30 h. CARAMUXO TEATRO "Feo!"

    • Casa de cultura

      • Público infantil (+ 3 anos) 50 min.

      • Espectáculo familiar de pequeno formato inspirado na obra de Hans Christian Andersen. 

  • Venres, 24 de xullo, 20:30 h. UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA "Astronauta sideral"

    • Alameda de Ordes. 

      • Concerto de música infantil para público familiar. 

  • Venres, 31 de xullo, 20:30 h. PÉREZ & FERNÁNDEZ, "O poder de Amabel". 

    • Alameda de Ordes.

      • Monicreques e actores | Infantil e familiar (+5)| 55 Min. 

      • Espectáculo sobre o amor incondicional á familia, o poder da amizade e, sobre todo, a aceptación dun mesmo.

Anotacións no Concello de Ordes, teléfono 98168002, ext. 3, de luns a venres na semana de cada unha das actuacións . Soamente se poderá anotar a persoas que convivan no mesmo enderezo. Prazas limitadas e preferencia para as persoas empadroadas en Ordes.Obrigatorio estar 10 minutos antes de cada actuación para acceder ao recinto. As actuacións que se leven a cabo na Alameda de Ordes faranse nunha zona acotada á que soamente accederán as persoas que fixeran a reserva con antelación. A xente que estea fóra do recinto deberá levar obrigatoriamente máscara.  

En caso de choiva as actividades trasládanse para o auditorio da Casa da Cultura.