D. JOSÉ LUIS MARTÍNEZ SANJURJO, ALCALDE DO CONCELLO DE ORDES FAI SABER

Con motivo da celebración das cacharelas da noite de San Xoán e San Pedro, as persoas, asociacións ou entidades organizadoras deberán comunicar a realización da cacharela no Rexistro Xeral do Concello antes das 14,00 horas do 19 de xuño e estarán suxeitas ao cumprimento das seguintes normas:

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DE CACHARELAS

SITUACIÓN

  1. Dominio público:

    • PROHIBIDAS EXCEPCIONALMENTE ESTE ANO 2020 EN:

      • ​Locais sociais e o seu entorno, prazas, parques e xardíns municipais (así como calquera outro ben de dominio público de carácter especial).

    • PERMITIDAS:

      • Vías públicas pavimentadas e beirarrúas: deberá protexerse o pavimento cunha chapa metálica sobre a que se colocará unha capa de area de 10,00 cm. O Concello facilitará area a todas aquelas persoas ou grupos que o soliciten. Autorízase a súa realización.
        Deberase manter en todo momento a distancia de seguridade ou empregar máscara, e evitar grupos maiores de 20 persoas (a espera de que se poida modificar dita condición en función das recomendacións é obrigas posteriores ao remate da fase 3 de desescalada e do estado de alarma, previsto inicialmente para o 21 de xuño).

      • Vías públicas non pavimentadas: autorízase a súa realización.
        Os organizadores da cacharela serán os responsables dos danos que se puideran producir no dominio público e deberán proceder ao aboamento dos gastos de reconstrución e reparación ocasionados pola realización da cacharela. 

  2. Propiedades privadas: 

    • Deberán contar coa autorización previa do propietario dos terreos, tendo en conta que este Concello non asume ningunha responsabilidade en caso de que a queima se realice sen terse obtido. Autorízase a súa realización.

SEGURIDADE

As cacharelas deberán cumprir as seguintes normas de seguridade para evitar situacións de perigo, así como a produción de danos aos participantes e bens situados nas proximidades:

  • O volume combustible da cacharela non excederá os 8,00 m de perímetro nin os 3,00 m de altura.

  • A separación da cacharela dos edificios e árbores será como mínimo de 8,00 m.

  • A cacharela no poderá situarse baixo o tendido eléctrico nin telefónico.

  • Está prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites ou calquera outro produto que conteña líquidos inflamables, gases a presión ou que ao arder poida desprender fume tóxico.

  • Ao remate da celebración comprobarase que as cinsas da cacharela quedan totalmente apagadas.

  • Deberá procederse á retirada dos restos da cacharela do lugar de celebración nun prazo máximo de 24 horas.

A POLICÍA LOCAL ou subsidiariamente a GARDA CIVIL vixiará o cumprimento das normas anteriores formulando a correspondente denuncia en caso de incumprimento, que dará lugar á iniciación de procedemento sancionador, así como a esixencia de indemnización dos danos e prexuízos que se causen no dominio público local.

Ordes, 2 de xuño de 2020

O alcalde

José Luís Martínez Sanjurjo
 

BANDO CACHARELAS 2020