spacer
O Concello de Ordes retoma a execución e licitación de sete obras públicas locais, que suporán un investimento total de 1,17 millóns de euros

A decisión ven motivada e consensuada cos técnicos logo da petición das empresas da construcción tras unha carta enviada ao rexedor de Ordes dende Apecco, Asociación provincial de Empresarios da Construcción da Coruña, o pasado mércores día 15 de abril, así como polo feito da recuperación da actividade no sector da construcción dende o pasado 13 de abril.

En todos os casos débense cumprir de forma estrita as medidas sanitarias ante a pandemia de coronavirus para garantir a saúde dos traballadores, polo que se esixirá un apartado específico nos plans de seguridade e saúde no traballo.

O concello de Ordes ven de retomar esta mañá a actividade na plataforma de contratación do Estado, co reinicio do cómputo de prazos para dúas obras suspendidas o pasado 17 de marzo; así como retomando a execución de outras dúas obras pendentes de pechar o proceso de contratación; e procedeuse coas xeracións e modificacións de crédito para poder sacar a licitación a maior brevidade as 3 obras aprobadas polo IDEA -Instituto para a Diversificación e aforro de Enerxía-, axudas as EELL para proxectos de inversión en economía baixa en carbono (fondos FEDER) no período 2014-2020.

O importe total das 7 obras ascende a cantidade de 1.176.223,14 euros.

A decisión veu especialmente motivada e consensuada cos técnicos municipais e cos proxectistas, contratistas e dirección de obra, logo da petición formulada nun escrito das empresas da construcción tras unha carta enviada ao rexedor de Ordes dende Apecco -Asociación provincial de Empresarios da Construcción da Coruña- o pasado mércores día 15 de abril, así como polo feito da recuperación da actividade coa apertura do confinamento para o sector da construcción dende o pasado 13 de abril.

Relación das obras.

IDAE – Iniciados exptes. modif. créditos, próximas licitacións.

  1. Actuaciones de ahorro energético en los alumbrados públicos del concello de Ordes -Fase II    202.439,05 €

  2. Actuaciones de ahorro energético en los alumbrados públicos del concello de Ordes -Fase III    223.771,96 €

  3. Instalación solar térmica en la piscina climatizada comarcal Iván Raña Fuentes    106.536,40 €

POS+ Adicional 1/2019 – 1ª fase (en contratación para executar)

  1. Camiño Pedreira a Castrelos por Escola (Leira) e outros    138.787,45 €

  2. Senda peonil de Rúa a Vilarino (Buscás) e outros    273.983,72 €

POS+ Adic. 1/2019 – 2ª fase (licitación – prazo 24/04/2020 - 23:59h)

  1. Estrada de Fosado a Parada (Montaos)      91.364,23 €

  2. Camiño do Barroso-Fosado (Montaos) e outros    139.340,33 €

Medidas sanitarias.

É unha das decisións acordadas polo concello para garantir a prestación dos servizos públicos e o funcionamento da economía dentro das restricións vixentes, e de acordo as competencias locais. En todos os casos, débense cumprir de forma estrita as medidas e recomendacións sanitarias ante a epidemia de coronavirus para garantir a saúde dos traballadores, polo que se esixirá un apartado específico nos plans de seguridade e saúde no traballo.

Con estas decisións o Concello de Ordes demostra capacidade de iniciativa propia no marco das súas competencias en materia de contratación, e está a emprender conforme xa fixo a Xunta de Galicia en días pasados, as accións necesarias para manter a actividade das administracións durante as restricións do Estado de Alarma pola epidemia de coronavirus co obxectivo de conseguir un correcto funcionamento dos servizos esenciais e estar en condicións de continuar o iniciado e poder retomar a actividade coa maior axilidade posible en canto se levanten as limitacións actuais.