spacer
A representación teatral “Os nenos da varíola” enche a Casa de Cultura de Ordes para homenaxear a Isabel Zendal, filla predileta do Concello de Ordes.

A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes en colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, coincidindo co Día Internacional da Muller, promoveron a exaltación da figura de Isabel Zendal, a través dunha magnifica interpretación teatral da adaptación da novela de María Casar.

Presentaron a actuación Susana García Gomez - Presidenta da Mancomunidade de Ordes, Mariano Iglesias Castro – Presidente do GDR ASDECOMOR e  Javier Blanco Carballal – Subdirector Xeral de Relacións cos GDR da AGADER. 

Entre o numeroso público atopábanse varios alcaldes e membros das distintas corporacións municipais da nosa bisbarra, representantes da Asociación Isabel Zendal, encabezada pola súa presidenta Pilar Farjas, así como un elevado número de mozos e mozas.

Durante 55 minutos as persoas asistentes desfrutaron da sobresaínte actuación de Victoria Pérez, Isa Risco, Manu Fernández e Xosé Leis, que provocaron nas persoas asistentes risas e bágoas por igual.

Lembrar a Isabel Zendal foi a humilde contribución do GDR ASDECOMOR e da Mancomunidade de Ordes no Día Internacional da Muller, e o seu compromiso constante pola igualdade efectiva entre mulleres e homes.

A representación teatral “Os nenos da varíola” enche a Casa de Cultura de Ordes para homenaxear a Isabel Zendal, filla predileta do Concello de Ordes.