spacer
BANDO RECOLLIDA EXCREMENTOS

Ante as numerosas queixas dos veciños polo reiterado incumprimento desta obriga legal, pola policía local ata o 30/04/2020 vai a iniciarse unha campaña especial de denuncia pola non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública. 

A omisión do cumprimento desta obriga legal constitúe unha infracción leve que pode ser sancionada con apercibimento ou sanción económica de 100 a 500 euros [art. 38.1) e art. 41.1.a) da Lei 4/2017, de 3 de outubro]. 

O que comunico para xeral coñecemento dos propietarios e posuidores de animais de compañía.