IGUAL A NÓS: DINAMIZACIÓN EN IGUALDADE.
-
Denominación da actividade: IGUAL A NÓS: DINAMIZACIÓN EN IGUALDADE.
-
Obxectivos da acción: mellorar a calidade de vida das mulleres, promover e sensibilizar na educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero, sensibilizar e concienciar as persoas para a ruptura dos estereotipos de xéneros existentes, potenciar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación e formación, e fomentar a participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal.
-
Metodoloxía: representación escénica e posterior coloquio. Como eixo vertebrador empregarase as novas tecnoloxías, especialmente o uso do móbil.
-
Colectivo destinatario: mulleres maiores de idade.
-
Data: 23 de xaneiro de 2020
-
Hora: 18.30 horas (duración aproximada: 1h)
-
Lugar: Salón de Plenos dos baixos da Alameda de Ordes
-
Financiación: no marco do Acordo de Colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
-
Organiza: Concello de Ordes.
Para máis información: CIM da Mancomunidade de Ordes.