O importe total deste proxecto supera os 40.000 euros

O Concello de Ordes vén de iniciar as obras de humanización da rúa Reconciliación. O importe total deste proxecto ascende aos 40.231,27 euros, os cales son financiados con contía de remanente. 

     O proxecto inclúe a construción de 312 m cadrados de beirarrúa con baldosa de formigón vibrado, así como a pavimentación doutro treito de 80 x 3,50 m. Previamente procederase coa canalización de 16 metros de tubaxe de PVC de 250 mm de diámetro e coa execución de 8 arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais. Canalizaranse outros 76 metros de tubaxe de polietileno de 90 mm de diámetro e outros 8 metros de polietileno de 40 mm coa correspondente valvulería e arquetas de aloxamento para abastecemento de auga potable. Por último tamén se colocará un tubo de polipropileno para o sistema de iluminación pública. Todo isto tras a escavación previa da gabia necesaria  e o posterior recheo compactado desta.

     Finalmente instalarase a sinalización horizontal e vertical, co pintado de liñas en bordes e símbolos e coa adaptación das arquetas á nova rasante.

Inícianse as obras de humanización da rúa Reconciliación