Estímase unha redución de gasto de máis de 32.912 euros anuais.
O Concello de Ordes presentou ante o IDAE o proxecto para a terceira fase da actuación de aforro enerxético no alumeado público de varias instalacións do municipio. O investimento previsto para esa actuación englóbase no marco do Programa Operativo FEDER para o crecemento sostible 2014-2020, e conta cun orzamento total de 222.174,76 eruos. Estímase que de concederse a axuda e logo de executarse esta actuación producirase unha redución no gasto por máis de 32.912 euros anuais; e dun consumo enerxético de 218.196 kWh
     A maioría dos actuais puntos de luz presentan un estado deteriorado e contan con equipos obsoletos que fan moi recomendable a súa renovación co obxectivo de reducir o gasto enerxético. Todo isto mediante a utilización de tecnoloxías máis eficientes, a redución da potencia instalada, o axuste dos horarios de encendido e a implantación de sistemas de regularización de consumo segundo o horario. Tamén se pretenden minorar os gastos de mantemento mediante o aumento da vida útil das luminarias, a mellora das condicións de confort visual mediante o axuste de parámetros de iluminación a cada tipo de vial, así como coa adecuación das instalacións ao regulamento vixente.
     As instalacións a reformar previstas nesta terceira fase do proxecto caracterízanse polo emprego de luminarias obsoletas cun rendemento baixo, a utilización de lámparas de vapor de mercurio e polo deterioro marcado polo paso do tempo. 
     Cada centro no que se intervirá inclúe a sustitución de luminarias existentes por outras tipo LED, así como os brazos que eleven a posición da fonte de luz. Tamén a renovación dos centros de mando actuáis, a eliminación doutros e a conexión de liñas existentes a cuadros a renovar. Unha vez reformadas todas as instalacións terán unha calificación enerxética tipo A, cumplindo ademais co disposto no Reglamento Electrotécnico de Baixa Tensión.
     Entre os lugares nos que se levarán a cabo os traballos figuran: Aldea da Adina e A Brea (Ardemil), Castrelos e Igrexa (Leira), lugares de Pereiriñas, Igrexa, O Pazo, Agromaior, Xermiñas e Couto (Lesta), lugares da Fraga da Galiña, Balado, Darefe, Vidueiro, Casal e Reboredo (Ordes), núcleo de Albariña (Montaos), rúas dos Lagartos e O Recreo (casco urbán de Ordes), e unha parte da última fase no polígono empresarial de Merelle.