A igrexa de Santa María acolleu os actos litúrxicos aos que asistiron os principais representantes de ambos corpos e o alcalde Martínez Sanjurjo
A Garda Civil e o corpo de Correos de Ordes honraron esta mañá súa patroa, a Virxe do Pilar. Coincidindo co día da Hispanidade, e tal e como é costume, na igrexa de Santa María oficiouse un acto relixioso ao que non faltaron os principais representantes de ambos corpos a nivel local, ademais do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que estivo acompañado de moitos do seu equipo de Goberno. Non foron os únicos asistentes por parte do Concello xa que tamén asistiron outros membros da corporación local, ademais dos alcaldes de Mesía e Tordoia, Mariano Iglesias e Antonio Pereiro respectivamente.
     O comandante do posto da Garda Civil de Ordes, Francisco Miguel Matías; o director da oficina local de Correos, Anxo Cores; o xuíz decano de Ordes, Xosé Manuel Maside; ou xefe da Policía Local de Ordes, Eduardo Rodríguez Regos, foron outros dos que hoxe tamén veneraron á imaxe da santa, cuberta co manto da benemérita, que presidiu o acto.

A Garda Civil e o corpo de Correos de Ordes  homenaxean á Virxe do Pilar