Minuto de silencio polo triplo asasinato de Valga
Veciñanza, persoal da Mancomunidade e do Concello de Ordes e integrantes da corporación local participaron esta mañá no minuto de silencio convocado pola FEGAMP polo triplo asasinato de tres mulleres da mesma familia acontecido onte en Valga. Deste xeito ponse de manifesto a repulsa ante a violencia machista que xa leva deixado 41 mulleres asasinadas en 2019 e máis de 1.000 desde o ano 2003 en España.