O Concello de Ordes inviste 40.000 euros de fondos propios no novo sistema. 

O Concello de Ordes vén de realizar un investimento de 39.992,79 € para a renovación do sistema de iluminación das instalacións deportivas de Vista Alegre, e máis concretamente nas áreas onde se sitúan os campos de fútbol. Os concelleiros Ana Soneira, Xosé Manuel Mira, José Antonio Cabeza e Xosé Manuel Rodríguez visitaron o lugar esta mesma mañá.

   Concretamente o campo de adestramento está dotado de catro torretas de aceiro de 20 metros con 6 proxectores (unha delas con 4). Ademais pola banda sur sitúase o corredor de acceso ata a zona de acceso a ambos campos con 8 proxectores. En total instaláronse 48 unidades proxectoras LED, 36 delas de 320 W de potencia e outras 12 de 50 W, ambas de clasificación A+ entre outras características técnicas.
     
  Con isto soluciónanse as carencias que ata o de agora presentaban as instalacións en materia de iluminación nocturna. Tanto no que se refire ao cumplimento da normativa vixente como no que se refire aos sistemas de iluminación requeridos para a práctica deportiva. Ademais dun mellor e máis que notable rendemento enerxético evidenciase tamén a uniformidade lumínica sobre o terreos de xogo. Do mesmo xeito tamén se sustituíu a iluminación do vial peatonal de acceso, incrementando o nivel de seguridade, e especialmente para os nenos e nenas que fan uso del.
 

Nova iluminación para as instalacións deportivas de Vista Alegre