IX FEIRA DE OPORTUNIDADES
OS DÍAS 5, 6 E 7 DE SETEMBRO DE 2019 TERÁ LUGAR A CELEBRACIÓN DA 2ª FEIRA DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ORDES, COAS CARACTERÍSTICAS SEGUINTES:
• Lugar de celebración: 1º andar da praza de Abastos de Ordes, en rúa do Mercado, Ordes.
• Nº de postos a instalar: 13.
• Postos centrais (3): 17,05 m2 cada un.
• Outros postos (10): 14,70 m2 cada un.
• Comerciantes participantes: persoas comerciantes que exerzan a súa actividade no municipio de Ordes.
• Produtos obxecto de venda: téxtil, calzado, marroquinería, bixutería, cerámica, obxectos de decoración.
• Réxime de adxudicación dos postos: a participación dos comerciantes determinarase por orde de inscrición no rexistro xeral do concello, seguidamente a adxudicación dos postos realizarase por sorteo.
• Prazo de presentación de solicitudes de participación: Dende as 09:00 horas do día 21/08/2019 ata as 14:00 horas do día 23/08/2016.
• Data do sorteo de adxudicación dos postos: Día 23/08/2019, 14:15 horas, Sala Xuntas Casa Consistorial, 3º andar.