Cos ollos como platos saíron todos e todas do auditorio da Casa da Cultura tras ver a actuación do televisivo mago Dani Polo. Un auditorio repleto de xente que non parou de aplaudir cada un dos trucos que mostrou e aos que ninguén foi capaz de atoparlle explicación. A función formou parte do programa Unha Viaxe pola Cultura, organizado dende o Departamento de Cultura do Concello de Ordes.
 

Dani Polo asombra en Ordes