Tras nove meses de clases e traballos de campo esta mañá o alumnado do obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo I recibiu os seu diploma e certificado de profesionalidade en conservación e mellora de montes, repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.  

     Susana García, concelleira de Traballo de Ordes; Mariano Iglesias, alcalde de Mesía, e Manuel Ferreiro; edil de Economía e Facenda de Frades, foron os encargados de facer entrega das titulacións na estación da Pontraga. Despediron e felicitaron “polo bo traballo realizado” aos 20 alumnos e alumnas que formaron parte desta iniciativa levada a cabo en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Entrega de diplomas para o alumnado do obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo