O grupo teatral Ghazafelhos representou onte a obra Máquina do tempo ante un público que a piques estivo de colgar o cartel de completo na Casa da Cultura de Ordes. Unha peza na que a doutora Mon e o seu axudante Pe logran construír unha máquina do tempo coa que amosan a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a algúns voluntarios e voluntarias a distintas épocas da historia.
 

Paseo pola  historia da man de Ghazafelhos