A chuvia non pode co Verán Cultural de Ordes. A pesares das condición meteorolóxicas desta tarde o espectáculo previsto dentro da programación, O Cardume, saíu adiante. Iso si, no auditorio da Casa da Cultura e non na alameda tal e como estaba proxectado nun principio. Aínda así o público foi moi numeroso.
     Baixo a producción da compañía Xarope Tulú O Cardume mesturou á prefección a narración oral coa música en vivo. Sobre o escenario a narradora Atenea García e o guitarrista Nicolás Zamorano conseguiron que o público se somerxera nunha morea de historias onde a liña común é a diversidade das personaxes sin que por isto queden excluídas. Máis ben ao contrario, xa que todas suman e enriquecen o espazo que as rodea. Tanto ou máis que o propio público asistente, o cal xogou un papel fundamental ao pasar a ser, por momentos, protagonistas e parte activa deste máis que recomendable espectáculo.
 

O público de Ordes desfruta con O Cardume