O Concello de Ordes convida a veciños, veciñas e visitantes a desfrutar dun verán cheo de festa, maxia, teatro, narracións orais, xogos, música etc

O Departamento de Cultura do Concello de Ordes vén de facer público o seu programa estival Unha viaxe pola cultura. Unha cita na que, como cada ano, se mesturan a música, o baile, xogos infantís, maxia, teatro, festa e moito máis. Todo para ser desfrutado en familia e de maneira gratuíta.

O programa deseñado nesta ocasión contempla as seguintes datas e actividades:

  • 28 de xullo: Encontro folclórico. 20 horas. Alameda de Ordes.

  • 2 de agosto: Concerto de Mamá Cabra. 20 horas. Alameda de Ordes.

  • 3 de agosto: Día das Bandas. 20 horas. Alameda de Ordes.

  • 5 de agosto: Espectáculo de clown ‘Mireia Miracle’. 20 horas. Alameda de Ordes.

  • 6 de agosto: Espectáculo de narración oral coa música en vivo ‘Cardume’, de Xarope Tulú. 20 horas. Alameda de Ordes.

  • 7 de agosto: Grupo Néboa. 21 horas. Alameda de Ordes.

  • 8 de agosto: Teatro infantil ‘Máquina do tempo’, compañía Ghazafellos. 20 horas. Alameda de Ordes.

  • 9 de agosto: Día do neno e da nena (Garabato de xogos). 17 horas. Alameda de Ordes (en caso de chuvia trasladarase ao pavillón Campomaior).

  • 10 de agosto: Festival DesOrdes Creativas.

  • 12 de agosto: Xogos autónomos e animados ‘Paporrubio’. Necesaria inscrición previa no Departamento de Cultura (dous pases).

  • 13 de agosto: Maxia espectacular a cargo de Dani Polo. 21 horas. Casa da Cultura. Festival ‘DJ’s no Camiño’ na alameda de Ordes.

  • 14, 15, 16 e 17 de agosto: Festas patronais na honra a Santa María.

  • 17 de agosto ‘III Festival Sons de Ordes’ con Susana Seivane e Javier Gurruchaga coa Orquestra Mondragón.

En caso de chuvia as actividades programadas na alameda trasladaranse ao auditorio da Casa da Cultura. 

Organizado polo Concello de Ordes este programa conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Xacobeo 2021, a Consellería de Cultura e Turismo e Radio Líder.

UNHA VIAXE POLA CULTURA