Para despedir o curso o Club Patinaxe Galia convocou o Trofeo Interclubs. Un evento que tivo lugar a pasada fin de semana e que trouxo ata o pavillón Castelao I aos integrantes dos clubs Buxaina (Ferrol), Maxía (A Coruña ), Oleiros e Conxuro de Laracha. En conxunto foron 120 patinadores e patinadoras os que deron o mellor de si. Entre os podios máis destacados figuran Julia Viaño, primeira clasificada na categoría benxamín; Andrea Cendal e Xiana do Río, primeira e terceira  respectivamente na categoría alevín; Diana Mosquera e Carla Souto, primeira e segunda respectivamente en infantil; e Pilar Ferreiro, primeira na categoría cadete. A edil de Deportes de Ordes, Ana Soneira, encargouse de entregar os trofeos e medallas.

O C.P. Galia despide o curso co Trofeo Interclubs