Terá lugar durante o mes de xullo e desenvolverase por quincenas

A S.D. Club Órdenes ten aberto o prazo para inscribirse no campus de aprendizaxe e tecnificación. Unha iniciativa desenvolvida en colaboración co Concello de Ordes e que está especialmente orientada á rapazada a partir de 5 anos (menores de 5 anos consultar coa organización).

     O campus terá lugar durante todo o mes de xullo, aínda que cabe a posibilidade de asistir por quincenas. Neste caso o prezo será de 75 euros, e de 125 euros para as persoas que se apunten todo o mes. Ademais, haberá un desconto do 25% se participa outro ou outra irmán ou irmá. O prezo inclúe bebida e froita diaria. Asemade, ao finalizar cada quincena todos e todas poderán desfrutar dunha xornada na piscina do Muíño e dunha comida na hamburguesería A Bolera. 

     Para inscribirse será necesario contactar coa organización no seguinte número de teléfono: 603167366. Tamén a través do correo electrónico sdordenes@gmail.com.

Abre o  prazo de inscrición para o campus da S.D.C. Órdenes