Terá lugar ambas as quincenas do mes de xullo no polideportivo Campomaior. Poderán participar tanto membros do club como calquera outro rapaz ou rapaza de 3 a 17 anos. Dende hoxe mesmo xa está aberto o prazo de inscrición

O Club de Patinaxe Galia vén de abrir a inscrición para asistir ao seu campamento de verán, o cal se desenvolverá do 1 ao 15 e do 16 ao 30 de xullo en Ordes, concretamente no pavillón Campomaior. 

     Unha actividade da que poderán formar parte tanto os membros do club como aqueles rapaces e rapazas de 3 a 17 anos que estean interesados. As clases desenvolveranse de luns a venres de 10 a 14 horas. Entre elas figuran sesións de patinaxe, preparación física, danza, coreografía, traballos manuais e maquillaxe.

     Para inscribirse ou solicitar calquera tipo de información pódese chamar ao teléfono 645871503 ou ben a través do correo electrónico clubpatinaxegalia@gmail.com. Cómpre lembrar que o número de prazas é limitado, polo que se aconsella tramitar a reserva o antes posible. 
 

Campamento de verán do Club Patinaxe Galia