O Concello de Ordes levou a cabo recentemente a obra dunha nova infraestrutura na parroquia de Santa Cruz de Montaos. Trátase de dous muros de contención no campo de fútbol, os cales se sitúan a carón do campo da festa e posúen unhas dimensións de 115 e 15 metros de lonxitude por 3,90 e 2,80 metros de alto. En total investíronse preto de 48.388 euros.

O campo de fútbol de Santa Cruz de Montaos conta cun novo muro de contención