TRÁMITE INFORMACIÓN PÚBLICA TEXTO INICIAL CONVENIO URBANÍSTICO DE MODIFICACIÓN DE PLANEAMENTO
"No Salón de Plenos do Concello de Ordes asinouse, o 24 de maio de 2019, o texto inicial do convenio urbanístico entre José Luis Martínez Sanjurjo, na súa calidade de Alcalde-Presidente do Concello de Ordes e Álvaro Concheiro Varela, en nome propio e en representación das empresas Internaco, S.A. e Jumo Servicios Inmobiliarios, S.A., para levar a cabo a modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal para a delimitación dun sector de solo urbanizable de solo industrial en Lg. Queirua, Ordes (art. 166 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro).
De acordo co establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e art. 401.2 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, o texto do convenio sométese ao trámite de información pública polo período dun mes contado desde a publicación do anuncio no DOG"