Preto dunha vintena de mulleres da comarca de Ordes participan dende esta mañá nos talleres para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras. Unha iniciativa englobada no programa Cuidadanas, que novamente se leva a cabo en Ordes a través do CIM da Mancomunidade de Ordes. Entre outros aspectos cada venres, ata o próximo 28 de xuño, abordarase a xestión do tempo, do lecer, da culpa, da responsabilidade e das habilidades de comunicación. O principal obxectivo é o desenvolvemento de accións encamiñadas á mellora da saúde e da calidade de vida das coidadoras informais de persoas dependentes.

     O Servizo de Apio Integral a Coidadoras no medio rural é un proxecto de Fundación Mujeres e conta co financiamento da Deputación da Coruña. Tamén participan desta actividade a Mancomunidade de Ordes, Xunta de Galicia, Unión Europea, Xacobeo 2021 e a marca Galicia.

Talleres para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras