Dende o Concello de Ordes desexámoslle toda a sorte a Marcos Vieites del Río, quen acaba de ser convocado para formar parte da selección galega de hockey Sub 17. O xove integrante do A.C. Hóckey Órdenes vén de ser convocado pola Federación Galega de Patinaxe para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas. A competición terá lugar en Alcoy (Valencia) do 13 ao 16 de xuño.
 

Marcos Vieites del Río, novo membro da selección galega de hóckey