Ante o conflito do transporte que se está a dar na empresa pública SOGAMA a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de poñerse en contacto cos axentes implicados. 
     Tras o encontro mantido entre o presidente da Mancomunidade, Roberto Rey, con representantes do cadro de persoal de transportistas pertencentes á CIG, os sete concellos da comarca “instan ao diálogo como vía de resolución do conflito existente e que está a afectar gravemente aos traballadores pertencentes na súa maioría á comarca de Ordes”. Unha solicitude e demanda de intencións dirixida ao presidente de SOGAMA, Javier Domínguez Lino; aos directores de Transportes Pacholo S.L., Óscar e Jorge González Quesada; ao presidente do consello de administración e conselleiro delegado de COPASA, José Luis González Gutiérrez e á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez Mejuto.