Esta mañá Xosé Manuel Rodríguez, concelleiro de Industria do Concello de Ordes, recolleu o tractor e as dúas desbrozadoras (unha arrastrada e outra de brazo) cedidas pola Consellería de Medio Rural ao municipio ordense. Dita entrega tivo lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, ata onde tamén se desprazou a xefa territorial da Consellería de Medio Rural na Coruña, Mónica López López.

Ademais do Concello de Ordes os de Padrón e Lousame tamén recibiron a mesma dotación mecánica destinada, entre outras, ás tarefas de mantemento de pistas e viais no eido rural.
 

Entrega do novo tractor e dúas desbrozadoras ¡