O Concello de Ordes felicita ao piloto Iván Muíño Linares polo papel destacado que está a realizar esta tempada no Campionato de España de Autocross. A día de hoxe Iván Muíño xa conta con tres vitorias nas tres primeiras citas desta proba na categoría Off Road Series. A primeira delas tivo lugar no circuíto de Motorland (Aragón), e as seguintes en Lleida e Esplús (Huesca) respectivamente. 
 

Destacada participación do piloto Iván Muíño no Campionato de España de Autocross