CAMPAÑA DE VELA 2019
INFORMACIÓN XERAL:
- Lugar: zona marítima ou embalse a definir polo concello.
- Duración: unha semana, de luns a venres, ambos inclusive.
- Distribución dos grupos:
- Grupo A pola mañá de 10.00 a 14.00 horas.
- Grupo B pola tarde de 16.00 a 20.00 horas.
A incorporación e regreso dende as instalacións de celebración dos cursos correrá a cargo dos participantes.
DESTINATARIOS:
Para rapaces/zas empadroados na provincia, de 9 a 18 anos, ambas idades
incluidas. É imprescindible que saiban nadar.
COTA DE INSCRICIÓN:
25 €, que se ingresarán na conta que determinará a Deputación da Coruña,
facendo constar: “CAMPAÑA DE VELA 2019”, xunto co nome do participante.
A Deputación da Coruña informará puntualmente do número de conta a
través da páxina web www.dacoruna.gal/deportes.
INDUMENTARIA:
Os nenos/as deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha
prenda de abrigo, mellor se é impermeable.
Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó finalizar
a actividade.
A organización facilitará chaleco salvavidas para todos os participantes.
PROGRAMA:
A “CAMPAÑA DE VELA 2019” terá os seguintes contidos:
- Iniciación ós conceptos teóricos da navegación a vela.
- Iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños.
- Realización práctica de navegación a vela.
INSCRICIÓN E DATOS XERAIS:
Inscrición: nos concellos participantes.
Documentación: para formalizar a inscrición debes entregar no teu concello:
- Certificado de empadroamento.
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante.
- Fotocopia do DNI, ou do libro de familia.
- Copia de aboamento da cota de inscrición (logo de confirmada a praza por parte do concello).
- No caso de tratamento médico ou doenza entregarase xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.