Máis de 400 participantes participaron esta tarde non gran concurso de disfraces, no que se repartiron máis de 4.000 € en premios

As rúas de Ordes enchéronse de xente chegada de distintos lugares de dentro e fóra da comarca con un obxectivo común, desfrutar dunha tarde chea de cor, creatividade e diversión grazas ao Sábado de Piñata. Trátase dunha das citas máis destacadas dentro do calendario de celebracións locais que o Concello de Ordes organiza cada ano.

     O elevado número de asistentes, tal e como se agardaba, non só se puido ver no público que abarrotou as principais rúas da vila e posteriormente o Campo da Feira, escenario habitual para o tradicional concurso. Tamén hai que ter en conta os máis de 400 participantes que cos seus disfraces e fantasías achegaron a alegría, a sátira e o humor á capital da comarca. En total foron máis dunha ducia de comparsas inscritas, case outros tantos disfraces individuais entre adultos e infantís, ademais das impresionantes carrozas. Pero non só os participantes viviron o entroido de forma alegre e divertida. Numeroso público desempolvou os disfraces de días pasados para salir hoxe á rúa e continuar a festa unha vez rematado o programa previsto para esta tarde. Nenos e adultos caracterizáronse das máis distintas maneiras. Piratas, pallasos, animais, superheroes, guerreiros ninjas, persoeiros de contos e dos debuxos animados da tele etc. Non faltou ningún.

     Por suposto, disfrutando en todo momento do acto púidose ver ao alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado da case totalidade dos integrantes do seu equipo de goberno. Precisamente foron eles e elas os encargados de entregar os premios aos gañadores e gañadoras desta nova edición do Entroido ordense. Nada máis e nada menos que preto de 4.500 euros foron os cheques que se repartiron entre os máis votados de cada categoría, valorándose non só o traballo, a elaboración dos traxes ou a coreografía, senón tamén a simpatía e a orixinalidade.  Un ano máis o Concello de Ordes contou co apoio e patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro asesores para esta celebración.
     Tras a entrega dos cheques o público puido seguir a festa grazas á sesión musical levada a cabo polo dj Toni Seijas, quen tamén se encargou de presentar e conducir o concurso ao longo da tarde.
   

O Sábado de Piñata enche as rúas de Ordes de Entroido 

Nesta ocasión a clasificación dos gañadores quedou do seguinte xeito:

Mellor disfraz individual adulto

  1. La Voz de Ordes (170 €)
  2. A ver se agora fasme caso(120 €)
  3. Tormenta (90 €)

Mellor disfraz individual infantil

  1. Ambulancia (100 €)
  2. Botelleitor (80 €)
  3. Joker (60 €)

Mellor comparsa adultos

  1. Imos de voda (400 €)
  2. Habelas hailas (300 €)
  3. As criaturas máxicas do bosque (200 €)

Mellor comparsa infantil

  1. Segunda xuventude (225 €)
  2. Os unicornios de Pequelúa    (175 €)
  3. Blanco e negro mix(135 €)

Mellor comparsa municipal

  1. Os espantallos saen á rúa (200 €)

Mellor carroza

  1. Carballeira de fantasía (600 €)
  2. Jacksoon revolution (400 €)

Premio simpatía

  1. Os Picapedra (150 €)

Premios accésit 

  1. O Destino de Buda (300 €)
  2. Os indios das neves (100 €)
  3. Somos criminais (100 €)
  4. As Gorjuss (100 €)
  5. As de Río de Javenlle (50 €)
  6. Primavera floral (50 €)
  7. Os peregrinos (30 €)
  8. É unha xoaniña (30 €)
  9. Fontaneiro de Super Mario Bros (30 €)