Un ano máis o Concello de Ordes dedicou unha xornada do seu programa de Entroido aos máis pequenos e pequenas. O pavillón Campomaior transformouse hoxe nun grande parque dedicado á festa, á diversión e aos disfraces.
     Superheroes, unicornios, piratas, pallasos, princesas, personaxes mitolóxicos e de debuxos animados etc pasárono en grande nos inchables, cos obradoiros para facer manualidades ou para pintar a cara, na zona de infantilandia etc. E para repoñer forzas pequenos e maiores dispuxeron de todos os flocos de millo que quixeron. 
     Agora tan só cabe esperar ao vindeiro Sábado de Piñata, día no que terá lugar o tradicional desfile polas rúas do pobo a partir das 17 horas, así como o concurso de disfraces no que xa se teñen apuntado un bo número de comparsas e carrozas. En total o Concello de Ordes, xunto con Seguros Reale e Jaime Castro asesores, repartirá máis de 4.000 euros en premios.

Gran Tarde de Entroidada en Ordes