Ata o próximo 1 de marzo o Concello de Ordes manterá aberto o prazo para inscribirse no campamento de conciliación organizado para as vacacións de Entroido. O Carnival Camp terá lugar os próximos 4 e 6 de marzo de 9 a 14 horas, abríndose a posibilidade de ampliar o horario. Concretamente está dirixido a nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos e o seu prezo tan só é de 8 euros. 
Música e movemento, festas de disfraces, obradoiros, xogos, contos, cancións, conversas en lingua inglesa, traballos manuais etc. Todo isto e máis son as actividades programadas para ambos os días.
As persoas que queiran apuntarse poderán facelo no Departamento de Educación do Concello de Ordes. Para obter máis información tamén poden chamar ao 981680002 (ext. 3), 981697844 e 625433436, ou ben enviar un correo electrónico a Ordes@escuelacontalento.es.  
 

Aberto o prazo para apuntarse no Carnival Camp