O Concello de Ordes comprácese en felicitar á súa veciña Xiana López Fernández, do club SASA, tras proclamarse campioa galega alevín na proba de 50 metros remolque de manequín con aletas no Campionato Galego de Inverno de Salvamento. A proba disputouse recentemente na piscina Carballo Calero (Carballo).

Xiana López, campioa galega alevín de salvamento