spacer
Plan de Banda Larga 2020 para EMPRESAS e AUTONOMOS

O próximo 31 de xaneiro rematará o prazo de solicitude das subvencións da Xunta de Galicia para a dotación de servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

Esta liña de subvencións, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020, conta para cun orzamento inicial de 600.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

As empresas e autónomos interesados poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 30 Mbps, cun máximo de 20.000€ por proxecto.

Achegamos neste correo o folleto informativo da convocatoria, para facilitar a difusión e o recordatorio da data fin do prazo de solicitude destas subvencións entre os posibles interesados do seu ámbito.

Para máis información sobre estas axudas pode acceder á seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR604A, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres  de 9:00 a 15:00h.