spacer
Grande acollida e participación no IV Trofeo de Patinaxe Artística Concello de Ordes

300 patinadores e patinadoras e centenares de persoas desfrutaron dunha fin de semana repleta de competicións e exhibicións. A cita tamén tivo un carácter solidario coa recollida de alimentos para Cáritas Ordes 

Durante toda esta fin de semana 300 patinadores e patinadoras chegados das provincias da Coruña, Ourense e Lugo déronse cita no pavillón Castelao para participar no IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística. Unha competición que tivo un marcado carácter solidario pola recollida de alimentos e produtos de hixiene a favor de Cáritas Ordes. 
 
     O Club Galia, organizador desta cita xunto co Concello de Ordes, amosou a súa satisfacción pola grande acollida que tivo a competición, á que acudiron centenares de persoas ao longo do sábado e o domingo. Moitas e moitos deles, ademais, tiveron a ocasión de ver en vivo as exhibicións de Unai Cereijo, campión de Europa e de España alevín; Luca Yáñez, campión de España infantil; e Paula Rey, terceira no Campionato de Europa na categoría alevín. 
     A alcaldesa en funcións, Ana Soneira, agradeceu a colaboración brindada polas máis de 30 firmas comerciais, empresas e establecementos da zona para poder levar a cabo este evento, no que tamén participan a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Deporte Galego. Ademais, foi a encargada de entregar as medallas e os trofeos. 

     Finalmente a clasificación xeral quedou do seguinte xeito:

Categoría Rexional

Alevín masculino
Jorge Sanmartín (CP Sarela)

Alevín feminino
1ª Marta Lariño (CP Omega)
2ª Sara López Villar (CP Buxaina)
3ª Daniela Iglesias (CP Galia)
4ª  Antía Calvo (CP Galia)

Infantil masculino
1º Miguel Sánchez

Infantil feminino
1ª Laura Cebral (CP Buxaina)
2ª Aldara Dopico (CP Buxaina)
3ª Marta Prado (CP Oroso)

Cadete feminino
1ª Paula Santos (CP Sarela)
2ª Yaiza Rodríguez (CP Buxaina)
3ª María Romero (CP Oroso)
4ª Pilar Ferreiro (CP Galia)


Categoría Nacional
Benxamín
1ª Alicia Lariño (CP Omega)
2ª Antía Cotelo (CP Conxuro)
3ª Thalía Rama (CP Omega)

Alevín masculino
Adrián Blanco (CP Ribeira)

Alevín feminino
1ª Inés Peña (CP Sarela)
2ª Antía Lorido (CP Ágora)
3ª Daniela Sieiro (CP Ribeira)
4ª Lucía Deus (CP Galia Ordes)

Infantil masculino
1º Diego Iñiguez (CP Axel)
2º Jorge Noya (CP Ribeira)

Infantil feminino
1ª Carla Cabana (CP Buxaina)
2ª Alejandra Oliveira (CP Ribeira)
3ª Belén Aguila (CP Buxaina)

Cadete masculino
1º Alejandro Redondo (CP Liceo)


Cadete feminino
1ª Lara Reboredo (CP Galia)
2ª Alba Diéguez (CP Galia)
3ª  Paula Casis (CP Buxaina)

Absoluta masculino
1º Carlo Signiorini (CP Ágora)

Categoría Absoluta
1ª Andrea García (CP Conxuro)
2ª Icíar Vázquez (CP Brión)
3ª Irene Guillermes (CP Brión)