spacer
Novo aspecto para o parque Herminio Rial

 As obras de arranxo e mellora deste espazo lúdico incluíron a limpeza  e recolocación das placas de caucho e pizarra, a instalación de novos xogos e dun manto de céspede artificial. Tamén se construíron novas mesas e aplicouse un tratamento para todo o mobiliario e os elementos de madeira

Os nenos e nenas de Ordes xa poden desfrutar da remodelación e arranxo do parque Herminio Rial. Ao longo das últimas semanas na área de xogos leváronse a cabo tarefas como a limpeza e a recolocación das placas de caucho, sobre as que posteriormente se puxo un manto de céspede artificial. Por último se instalaron novos xogos e bambáns.

    Na outra zona do parque cambiáronse as placas de pizarra do chan dañadas, ademais de aplicarlle un tratamento ao mobiliario e aos elementos de madeira como bancos, cancelas e o peche perimetral. Tamén se construíron novas mesas na zona do merendeiro.

    Esta nova intervención ven a completar o plan de arranxo e mellora que o Concello de Ordes está a levar a cabo en zonas de ocio, como o paseo Ramiro Recouso Liste, e en parques infantís. Cabe lembrar a reapertura o pasado mes de xuño do parque Pilar Martínez Viqueira, tras unha importante reforma executada polo alumnado do obradoiro de emprego Ordes-Frades II. Entre outros labores construíron novas áreas e elementos axardinados; colocaron mantos de céspede natural e artificial e alfombras de caucho para maior seguridade dos nenos e nenas. Tamén se instalaron pasarelas, valos de madeira, paseos de formigón, bambáns e xogos infantís. Reformáronse os bancos e o mobiliario urbano xa existente, acondicionouse o contorno e pintáronse murais.
 

Novo aspecto para o parque Herminio Rial