spacer
Punto e final ás festas patronais de Ordes

As festas patronais de Ordes chegan hoxe ao seu remate cun cartel que inclúe as actuacións das orquestras Ceniza e Olympus, a primeira delas tamén na sesión vermú.

A pasada noite a música tradicional serviu de revulsivo para as baixas temperaturas e o vento. O III Festival Folk contou cun cartel encabezado por Leilía e A Roda, quenes fixeron bailar a moitos e a moitas dos que se achegaron ata o centro da vila para desfrutar de ambas actuacións. 

Punto e final ás festas patronais de Ordes