spacer
AVISO: DESVÍO TRÁFICO POR FESTAS

Con motivo das festas patronais da Santa María, o Concello de Ordes levará a cabo distintos desvíos de tráfico, ao quedar cortada a N-550 ao seu paso pola vila. Unhas variacións que se iniciarán dende o próximo martes 14 ás 9 horas ata o sábado 18 ás 9 horas, momento no que se restablecerá o itinerario habitual. Neste período recoméndase a circulación de vehículos pola variante viaria Rolda Leste. 

  • Itinerario do desvío practicado en casco urbán, sentido Santiago-A Coruña:
    Rúa Alfonso Senra (N-550), Rúa Lagartos, Rúa Prolongación Lagartos, Rúa Galicia, Rúa Camposanto, Rúa Casabella e Rúa Alfonso Senra (N-550). 
  • Itinerario do desvío practicado en casco urbán,sentido A Corurla-Santiago:
    Rúa Alfonso Senra (N-550), Rúa Rosalía de Castro, Rúa Lagartos e Rúa Alfonso Senra. 
  • Itinerario recomendado para os usuarios en tránsito.
    Sentido Santiago - A Coruña e viceversa por vial Rolda Leste 
  • Emprazamento da zona excluída o tráfico polo corte da Avda. Alfonso Senra
    Dende o cruce principal, interseción da Rúa Alfonso Senra (N-550) coas Rúas Recreo e Lagartos ata intersección da Rúa Alfonso Senra (N-550) con Rúa Rosalía de Castro. 

A Policía Local de Ordes agradece a colaboración de todas e todos ante estes cambios no desenrolo normal da circulación lembrando tamén da importancia dun consumo responsable durante as festas, co fin de garantir a seguridade viaria de peóns e condutores. 

AVISO: DESVÍO TRÁFICO POR FESTAS