O Veteráns Ordes álzase co III Trofeo San Roque
A piques de dar comezo as festas patronais de Santa María o Concello de Ordes organizou para esta fin de semana previa o III Trofeo San Roque. O Campo de Vista Alegre congregou na tarde de onte a numeroso público que non deixou de animar aos equipos participantes. Finalmente a clasificación estivo encabezada polo Veteráns Ordes, seguido do Poulo C.F. Veteráns, da S.D.C Órdenes Veteranos e do Mesón do Vento C.F. Veteráns. Tanto o alcalde de Ordes como a concelleira de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, foron os encargados de entregar os trofeos aos capitáns de cada equipo. Precisamente foi aquí cando se viviu un dos instantes máis emotivos da xornada ao recoller o premio do equipo vencedor o antigo axente da Policía Local ordense José Astray Costoya.
Para esta tarde está prevista a celebración do III Torneo Concello de Ordes, no que participan os seguintes clubs: S.D. Club Órdenes, S.D. Santa Cruz de Montaos e A.D. Vila de Ordes. Igoalmente a proba está organizada pola Concellería de Deportes.