Os próximos días 6, 7 e 8 de setembro celebrarase na Vila de Ordes unha 2ª FEIRA DE OPORTUNIDADES:

  • Lugar de celebración: 1º andar da praza de Abastos de Ordes, en rúa do Mercado, Ordes.
  • Dimensión espacial: 473,05 m2.
  • Datas de celebración, 6, 7 e 8 de setembro de 2018.
  • Nº de postos a instalar: 13.
  • Dimensión de cada un dos postos:
  • Postos centrais (3): 17,05 m2 cada un.
  • Outros postos (10): 14,70 m2 cada un.
  • Comerciantes participantes: persoas comerciantes que exerzan a súa actividade no municipio de Ordes.
  • Produtos obxecto de venda: téxtil, calzado, marroquinería, bixutería, cerámica, obxectos de decoración.
  • Réxime de adxudicación dos postos: a participación dos comerciantes determinarase por orde de inscrición no rexistro xeral do concello, seguidamente a adxudicación dos postos realizarase por sorteo.

O prazo de presentación de solicitudes de participación no Rexistro Xeral do Concello será dende o día 9 ao día 20 de agosto, de 9 a 15 Horas