spacer
PROGRAMACION CULTURAL AGOSTO 2020
  • 01/08 DIA DAS BANDAS

    • 20 H. ALAMEDA DE ORDES.

  • 03/08 PISCORE "CONCERTO SINGULAR"

    • 20:30 H. ALAMEDA DE ORDES.

      • Espectáculo onde se xuntan a mellor música e moito humor para un concerto singular, onde se mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestural, o clown e a participación do espectador.

      • Duración: 60 min.

      • T.P.

  • 04/08 GALERNA CRUA "CHOCOLATE"

    • 20 H. ALAMEDA DE ORDES

      • Actividade que mestura a narración oral coa posta en escena tetral. Esta actividade conta cunha segunda parte na que se leva a cabo un obradoiro de cociña "Brochetas de froitas con chocolate fondue"

      • Duración: 90 minutos.

      • Idades recomendadas: De 3 a 9 anos.

  • 05/08 NOITE DE CINE "A GALIÑA TURULECA"

    • 22 H. ALAMEDA DE ORDES.

      • T.P.

  • 06/08 PACO NOGUEIRAS "BRINCA VAI! DE AQUI A ACOLÁ"

    • 20:30 H. ALAMEDA DE ORDES.

      • Acompañamos ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida "Máquina" nunha divertida viaxe chea de humor, baile e cancións. 

      • T.P.

  • 07/08 DÍA DO NENO

    • 17 H. CAMPO DA FEIRA.

      • Xogos en familia, obradoiros, xogos xigantes, frigolosinas...

  • 08/08 ENCONTRO FOLCLORICO

    • 20 H. ALAMEDA DE ORDES.

      • Actuacións de:

        • Grupo de danzas asociación cultural veciños de Leira

        • Asociación cultural pandereterias de Ardevento

        • Asociación cultural Camiño Real de Poulo

        • Agrupación folclórica Sementes do Arte. 

  • 10/08 MUU "CRUNCH"

    • 20:30 H. ALAMEDA DE ORDES.

      • Espectáculo a cargo de dous superheroes de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais e de risas.

      • T.P.

  • 11/08 BAOBAB TEATRO "PUÑO PUÑETE"

    • 20:30 H. ALAMEDA DE ORDES.

      • Viaxe a través das palabras e da música rescatando ditos populares, refráns, poemas lerias e enredos e con música en directo.

        • Duración: 45 min. 

        • T.P.

  • 12/08 A LABERCA "MANOLA"

    • 20:30 H.CASA DE CULTURA.

      • Conto que trata do noso planeta, da aventura da tartaruga Manola a través de divertidas cancións e do encontro con personaxes curiosos.

      • T.P.

  • 13/08 DANI POLO "A MAXIA DE DANI POLO"

    • 22:30 H. ALAMEDA DE ORDES
      • Espectáculo de gran formato, cun rtimo trepidante onde todo é posible.

      • Duración: 90 minutos.

      • Público familiar.

PRAZAS LIMITADAS.

Inscricións no Concello 981680002, ext. 3. Soamente se poderá anotar a persoas que vivan no mesmo enderezo. Preferencia persoas empadroadas en Ordes .

Obrigatorio presentarse 10 minutos antes de cada actuación. As actuacións faranse en zonas acoutadas (protocolo COVID-19).

OBRIGATORIA MÁSCARA.

En caso de choiva as actuacións trasladaranse para a Casa da Cultura.