spacer
Escola de música

A escola de música é unha institución para persoas de toas as idades na que se ofrece ao estudantado a posibilidade de aprender e facer música colectivamente.

O obxectivo é unha formación musical íntegra para que o alumnado teña unha ampla visión da música, tanto no campo da clásica como da música moderna (jazz, funk, rock, ...) e consiga unha actitude crítica e independente para, no caso de decidilo, poder facer carreira musical en calquera dos dous ámbitos. Ademais unha escola de música crea afección e cultura: xera un público culto, sensible e preparado que lle permite gozar da música e participar en multutude de actividades artísticas.

A Escola municipal de Música de Ordes realiza unha oferta educativa en sintonía coas necesidades da poboación, seguindo os plans de estudos regrados da normativa vixente e baseada na súa autonomía pedagóxica cun cadro de profesionais altamente cualificados.

Conscientes da necesidade de ampliación e mellora da calidade do servizo, o Concello de Ordes realizara para este curso 2015/2016 as seguintes melloras: ampliación do profesorado dos 3 profesores actuais a 8, clases de instrumento de 30 minutos individualizadas, 1 hora semanal de teoría (linguaxe musical, harmonía, ...), 1 hora semanal de clase de música moderna (big-band), 1 hora semanal de clase de música clásica (banda xuvenil) e 1 hora semanal de música e movemento para os cativos e as cativas dende os 4 anos de idade.

A oferta educativa da escola está dirixida a calquera perfil, non soamente ao alumnado especialmente cualificado, aínda que este tamén poderá ser atendido e orientado cara a uns estudos profesionais no conservatorio.

Máis Información

Escola de música