spacer
Gran acollida a Melchor, Gaspar e Baltasar en Ordes

Milleiros de persoas acompañaron aos Magos de Oriente na cabalgata que percorreu a avenida Alfonso Senra. Todos os nenos e nenas tiveron ocasión de parolar co seu rei favorito na carpa que quedou instalada especialmente para a ocasión na alameda.

Milleiros de persoas acompañaron esta tarde a Melchor, Gaspar e Baltasar na cabalgayta que percorreu a avenida Alfonso Senra, en pleno corazón da vila de Ordes. Ao longo de todo o traxecto non deixaron de repartir caramelos e doces tanto a nenos e nenas como a persoas adultas (aptos para celíacas). 

     Pastorciños e pastorciñas, personaxes de conto e fantasía, grupos de gaitas, paxes e unha gran locomotora formaron parte dunha comitiva que completou o percorrido ata chegar ao Concello. Alí agardaban o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e o seu equipo de goberno. Precisamente foi o rexedor o encargado de facerlle entrega a Melchor das chaves da vila para que esta noite poidan entrar en todas as vivendas sen problemas. 
     Inmediatamente despois dirixíronse ata a carpa instalada na alameda. Un espazo especialmente decorado para a ocasión e onde se instalaron os tronos reais. Alí os máis pequenos e pequenas puideron recordarlle aos Magos de Oriente os agasallos solicitados para este ano. Tras isto moitos e moitas non dubidaron en divertirse durante un rato na pista de xeo ou no tíovivo situado no mesmo lugar. 
     
     Novamente o Concello habilitou un dispositivo de seguridade especial  no que interviron tanto axentes da Policía Local como de Protección Civil. Dende as 16 ata as 21 horas cerrouse o tráfico rodado na N-550, indicándose os desvíos habilitados tanto en dirección Santiago como á Coruña.
 

Gran acollida a Melchor, Gaspar e Baltasar en Ordes

A corporación municipal recibe a Melchor, Gaspar e Baltasar