O Concello de Ordes invita a todos os nenos e nenas a participar nunha festa do máis especial. A Gran Festa de Reis terá lugar mañá xoves, 28 de decembro, a partir das 16.30 horas no pavillón Castelao I. Inchables, obradoiros, música, baile, animacións, xogos, chocolate e rosca e moito máis serán algunhas das actividades e agasallos cos que poderán contar.