spacer
Programa de Nadal do Concello de Ordes 

Papá Noel, os Reis Magos, a Patrulla canina, clown, contacontos, xogos, concertos musicais, maxia ou monicreques son algunhas das propostas que se inclúen, ademais da pista de xeo ou o do I Campus de Nadal Jogafán F. S. 

O Concello de Ordes xa ten preparado o seu programa de Nadal, o cal inclúe os seguintes actos e espectáculos:

  • Papá Noel. Venres e sábado, 22 e 23 de decembro. Pasacalles polas rúas do pobo de 11 a 13 e de 17 a 19 horas. (Organizado por  ACORDES)
  • Teatro interactivo. Martes, 26 de decembro, Espectáculo teatral interactivo de clown. Auditorio da Casa da Cultura ás 18 horas.
  • O Recuncho dos xogos. Mércores, 27 de decembro. Tarde de xogos tradicionais en familia. No local cultural da rúa Reconciliación dende as 17.30 ás 19 horas. 
  • Feira de artesanía. Do 27 ao 31 de decembro na alameda.
  • Gran festa de Reis. Xoves, 28 de decembro. Os máis cativos e cativas divertiranse con inchables, obradoiros, música, bailes etc, ademais de contar con chocolate e rosca para merendar. Pavillón Castelao I ás 16.30 horas.
  • Conto musicado. A gata con zocas. Banda de Música de Ordes.  Venres, 29 de decembro. Banda de Música de Ordes. Auditorio da Casa da Cultura ás 20.30 horas.
  • Monicreques. Sabela e o paxaro máxico. Martes, 2 de xaneiro. Auditorio da Casa da Cultura a partir das 18 horas.
  • Grande espectáculo do Mago Xacobe. Mércores, 3 de xaneiro. Auditorio da Casa da Cultura a partir das 18 horas.
  • A patrulla canina. Xoves, 4 de xaneiro. Paseo polas rúas do pobo de 17 a 20 horas. (Organizado por  ACORDES)
  • Cabalgata de Reis. Venres, 5 de xaneiro. Percorrido polas principais rúas do pobo ata a alameda. Repartiranse caramelos aptos para persoas celíacas e diabéticas. A partir das 17 horas.
  • Carrusel. Ata o 7 de xaneiro na alameda.
Programa de Nadal do Concello de Ordes 

  Para a posta en marcha de todos estes eventos o Concello de Ordes  conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) e a Deputación da Coruña.

     Ademais deste programa hai que sinalar tamén a posibilidade de patinar sobre xeo na pista que estará instalada ata o 7 de xaneiro na alameda de Ordes.  Ata o 21 de decembro o horario de apertura será de luns a venres de 17 a 22 horas, mentres que os sábados, domingos e vésperas de festivos será de 11 a 14 e de 17 a 22 horas. A partir do día 22 de decembro abrirá de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 22 horas, mentres que as fins de semana e véspera de festivos será de 11 a 14  e de 17 a 22 horas. Ademais, cómpre ter en conta os horarios especiais establecidos para días concretos. Así o 24 e o 31 de decembro irá de 11 a 19 horas, o 25 de decembro de 12 a 14 e de 17 a 22 horas, o 1 de xaneiro de 17 a 22 horas, o 5 de xaneiro de 11 a 14 horas, mentres que o 6 de xaneiro abrirá ás 17 horas e pechará ás 22 horas.

     Os prezos por hora variarán dende os 6 € para persoas adultas ata os 4 € para os colexios. Este ano tamén se establecerán tarifas familiares que inclúen dúas persoas adultas (6 € por cada unha) e menores de 13 anos (5 euros).  

Campus fútbol sala
O deporte tamén ten cabida nestas datas tan sinaladas. Neste eido cómpre destacar o I Campus de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos, organizado polo Jogafán Ordes Fútbol Sala en colaboración co Concello de Ordes. Disputarase os días 26, 27, 28 e 29 de decembro e os 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 9.30 a 13.30 horas no pavillón Castelao II. As inscricións xa se poden realizar nas oficinas do club situadas no pavillón Castelao II, os luns de 19.30 a 20.30 horas e os mércores de 16 a 17 horas. Para consultas pódese chamar ao 609932493.