Ata o 16 de decembro poderanse doar alimentos e bebidas non alcohólicas nos principais supermercados da vila
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes emprende, un ano máis, a súa campaña ‘Un Nadal para todos e todas’. Ata o 16 de decembro calquera veciño ou veciña poderá axudar ás familias con menos recursos de cara ás vindeiras festas de Nadal. Simplemente basta con adquirir produtos envasados ou bebidas non alcohólicas nos supermercados Gadis, Covirán, Día%, Feiraco, Froiz e Eroski e depositalos nos contedores instalados nos mesmos establecementos. 
Segundo os datos rexistrados en campañas anteriores a media de produtos doados polos habitantes de Ordes supera os 1.000 produtos.