spacer
O Concello de Ordes conmemora o Día Internacional  da Discapacidade

O público que encheu o auditorio da Casa da Cultura de Ordes desfrutou do  teatro da Asociación Andaina Pro Saúde Mental e da performance do grupo de habilidades sociais do Mesón do Vento. Tamén se levou a cabo a lectura do manifesto TODOS somos TODOS asinado polo Concello

Baixo o lema TODOS somos TODOS O Concello e Ordes conmemorou hoxe o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que oficialmente ten lugar o vindeiro domingo 3 de decembro. A Casa da Cultura encheuse de público. Non faltaron a concelleira de Benestar Social e a de Deportes, Susana García e Ana Soneira. Como en edicións anteriores non faltou o alumnado dos IES Maruxa Mallo e Nº1 de Ordes. 

     Todas e todos desfrutaron da obra teatral O Galo, un enredo cómico amoroso de Gabriel Penabade a cargo dos actores e actrices da Asociación Andaina Pro Saúde Mental, que contaron coa  colaboración de varias das persoas integrantes da Banda de Música de Ordes. 

     Outros dos protagonistas foron os usuarios e usuarias do grupo de habilidades sociais do Mesón do Vento, que levaron a cabo a performance Ser da diversidade. Unha peza para a que contaron coa colaboración de Damián Calvo, a través da que se exploraron  os prexuízos e estigmas que a sociedade aplica ás persoas con capacidades especiais. 

 

O Concello de Ordes conmemora o Día Internacional  da Discapacidade

Manifesto     
O programa para esta xornada tamén incluíu a lectura do manifesto do Concello de Ordes, por parte de usuarios e usuarias do curso de habilidades sociais. O texto redunda na igualdade, aptitudes e competencias das persoas con algún tipo de discapacidade. 
     
     A concelleira de Benestar Social de Ordes, Susana García, quixo agradecer a colaboración de todas e todos os participantes nesta xornada. Incidiu tamén na importancia de aplicar e aumentar o número de medidas constantes destinadas ao melloramento da situación das persoas con discapacidade. Fixo fincapé nas súas posibilidades á hora de adoptar un papel activo e produtivo dentro da sociedade, aspecto imprescindible para acadar un mundo sostible e incluínte. Por último fixo unha alegación de apoio á participación plena e efectiva para promover os dereitos e protexer a dignidade, así como para facilitar o acceso ao emprego e á educación.