Nesta primeira fase investiranse preto de 80.000 €. En total o proxecto inclúe a construción de oito depósitos contra incendios

 A Consellería de Medio Rural vén de iniciar a primeira fase das obras de construción de depósitos de auga nas zonas de concentración parcelaria de Montaos II, Beán-Pereira II, Lesta-Mercurín II e Vilamaior-Barbeiros II. O investimento neste caso ascende a preto de 80.000 €, sufragados na súa totalidade polo Goberno autonómico, dos cales o 75% están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-20. 

     Ao longo dos últimos días lévanse realizadas tarefas de limpeza e desbroces. O proxecto xeral inclúe un total de oito puntos que se extenderán tamén aos lugares de Ordes, Barbeiros, Parada e Leira. A finalidade destas intervencións é a dotación de puntos de recollida de auga para combater os incendios. Á par estas novas infraestruturas tamén darán servizo aos usuarios de cisternas agrícolas. 

   Deste xeito dáse resposta satisfatoria ás solicitudes plantexadas pola veciñanza, as cales foran abordadas en diversas sesións plenarias ao longo dos últimos meses. 

Medio Rural incia as tarefas para a construción de depósitos  de auga no rural ordense