spacer
Bo traballo do Club Patinaxe Galia  no Trofeo Concello de Ames 

Esta fin de semana o Club Patinaxe Galia participou no Trofeo Concello de Ames de Patinaxe Artística. O sábado, nas probas de nivel, os máis novos e novas conseguiron situarse entre os dez primeiros. Xa o domingo foi a quenda para as patinadoras de categorías superiores. Antía Calvo rematou cuarta na categoría rexional benxamín, mentres que na nacional Lucía Deus quedou en terceiro lugar. Por último Alba Diéguez obtivo o segundo posto nas probas infantís de ámbito nacional.  

Bo traballo do Club Patinaxe Galia  no Trofeo Concello de Ames