spacer
Dan comezo as obras no camiño do Casal,  na parroquia de Vilamaior

En total investiranse preto de 170.000 € do remanente de 2016 para labores de asfaltado, ancheado e relocalización de elementos do tendido eléctrico

O Concello de Ordes vén de iniciar nestes días as obras de mellora do camiño da estrada AC-524 ao Casal pasando pola aldea de Porpalla, na parroquia de Vilamaior. Unha intervención orzamentada en preto de 170.000 euros na súa totalidade, sufragados co remanente do ano 2016, o cal se destina a investimentos financeiramente sostibles. 

Cunha lonxitude total de algo menos de 2,5 km, 5 m de anchura e 1,80 metros cadrados de sobreancho, preténdese a mellora da capa de rodadura con 5 centímetros de aglomerado sobre toda a plataforma tras a reparación de fochas e o ancheado da plataforma actual co fin de igualala en todo o seu trazado. Tamén se contempla a limpeza de gabias e salvagabias para a correcta drenaxe de augas, pintado e sinalización, ademais da relocalización de postes e elementos eléctricos. Estímase que o prazo de execución remate antes de concluír este ano 2017.