As obras iniciáronse en setembro e foron adxudicadas por 92,773 €, sufragados polo Concello e a Deputación da Coruña

O Concello de Ordes vén de rematar as obras de prolongación de beirarrúas na rúa dos Lagartos. Dita intervención, rematada dende o pasado venres, supón unha importante transformación da fisionomía desta parte próxima ao núcleo urbano. Ditas obras foron adxudicadas por un total de 92.773 €, os cales están cofinanciados pola Deputación da Coruña.
Dende o seu inicio no pasado mes de setembro contruíronse un total de  775 metros lineais de beirarrúa. Tamén se levou a cabo a conseguinte canalización de pluviais e tubaxe para a iluminación pública, así como a construción de catro muros de contención de formigón armado. 260 m destas beirarrúas sitúanse na marxe esquerda e os 515 restantes na dereita, cun  ancho de 1,80 m en ambos lados. No que se refire á colocación de tubaxes estas son de polietileno corrugado de 315mm de diámetro (260 m pola marxe esquerda e 515 m pola dereita). Tamén se contemplan 19 pozos de rexistro con sumidoiros.

O remate desta obra supón un importante incremento na seguridade tanto de peóns como para os condutores que transitan pola estrada AC-524. 

Rematan as obras de prolongación de beirarrúas  nos Lagartos